ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Fin de semana de festa en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

A procesión coa imaxe de San Antón centrou a xornada dominical na zona vella da localidade

Primeiro en Fontei (A Rúa), despois no Campo (O Barco) e hoxe en Sobradelo. Os veciños desta localidade valdeorresa celebraban no mediodía do domingo 17 de xuño, a procesión na honra a San Antón. Unha celebración sacramental centrada na zona vella da vila ata onde chegaba a comitiva que saía en torno ás 13:15h. dende a igrexa parroquial cos tres cativos de Primeira Comuñón (dous nenos e unha nena) en cabeza, e acompañada musicalmente polo grupo de gaitas Celtas Largos.

Sobradelo Vello xa celebraba as Festas de San Antón na xornada do sábado e o actos continúan na tarde do domingo cunha festa da escuma e xogos populares. Ademais, en torno ás 20h. haberá baile con A Boa Festa, unha gran chocolatada e no descanso, varios sorteos: un cabrito, unha haixada (que levará como sorpresa unha fin de semana de relax), un xamón, un queixo, chourizo, salchichón, unha botella de whisky, dúas de viño branco, un coello e unha sorpresa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button