OurenseÚltima hora

Fin de semana de Hard Enduro en Piñor

A proba, enmarcada na Liga Galega de Moto de Campo, constará de tres modalidades diferentes e tamén haberá unha proba de minienduro para os rapaces

Presentación do Hard Enduro de piñor.

 

Piñor acolle este fin de semana o V Enduro de Piñor – Copa Deputación, organizado polo Motoclube A Peroxa e que conta co apoio da administración provincial, da Federación Galega de Motociclismo e do Concello de Piñor.

Esta proba constará de tres modalidades diferentes dentro da categoría Hard Enduro, o que supón unha dificultade algo maior ó habitual e que xa é unha característica do Enduro de Piñor, xunto coa celebración dunnha modalidade para os máis pequenos.

O sábado, día 25 de xuño, disputaranse as modalidades de minienduro -para os cativos, cun percorrido adaptado- e de enduro clásica. Ambas desenrolaranse no monte de Cestos, en Cotelas (parroquia de A Canda).

 

 

O domingo, día 26 de xuño, disputaranse a especial “dagan off road”, en Cotelas -ao carón do parque de autocaravanas do municipio- ademais da especial Diputación de Ourense, nun percorrido novo no pobo do Arenteiro.

A competición, que está enmarcada na Liga Galega de Moto de Campo, era presentada polo vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Piñor, Jose Luis González; o representante de Moto Clube A Peroxa Javier Quintas, e Daniel Rodríguez, promotor do Enduro de Piñor. Dende a organización remarcan que “os participantes nas probas poderán desfrutar da paisaxe natural da zona, ademais de coñecer a dous dos mellores pilotos de enduro, como son Abel Carballés e Julio Pardo”.

Artigos relacionados

Back to top button