DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Fin de semana de volei praia no Salgueiral (O Barco de Valdeorras)

Aida Pérez e Sabela Moreno impuxéronse na final sub19 feminino

Xogadores de toda Galicia, danse cita esta fin de semana no Barco de Valdeorras para participar na terceira proba do Circuíto Vichy Catalán Volei Praia Tour – Campionato Galego de Categorías Inferiores que se está desenvolvendo nas pistas de area do Salgueiral.

Na xornada do sábado 14 de xullo tocoulle o turno ás categorías sub19 e infantil femininas (non houbo masculinas ao non chegar a un mínimo de inscritos) cos partidos de grupo pola maña e as finais pola tarde. Na categoría infantil, a parella formada por Chloe López e María Blanco do Club Cabo de Cruz impoñíase á Saray Piñeiro e Helena López, do mesmo club. E na categoría sub19, as primeiras clasificadas e gañadoras da proba foron Aida Pérez e Sabela Moreno do Club VPM que vencían na final a María Bouza e Carmen González do VP Lugo.

Mañá, tócalle o turno á categoría cadete masculina e feminina, onde competirán xogadores valdeorreses. Ademais, disputarase a XIII Copa Deputación de Ourense de Volei Praia.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button