Uns 15 xoves asistiron ao curso desenvolvido esta fin de semana na estación invernal de Leitariegos
Un ano máis e xa van case 30, a sección de esquí do Club Peña Trevinca Barco organizou o curso de esquí e de snow na estación invernal de Leitariegos, León.
O curso, dirixido a nenos e xoves dende os 8 anos da comarca de Valdeorras, celebrábase na fin de semana do 24 e 25 de febreiro contando cuns 15 participantes “que desfrutaron do deporte branco”, aseguran dende a organización. Dende o club, agradecen o labor desenvolvido polos monitores Montserrat Vázquez e Miguel Angel Limeres que “teñen o compromiso de difundir o deporte entre os máis pequenos” así como o apoio dos pais que “ano tras ano confían no noso club para levar os nenos á neve”.