ConcellosÚltima hora

Finalmente era un visón americano

 

A imaxe do animal que captaban en fotos e en vídeos as persoas que transitaban polo Paseo do Malecón do Barco o pasado luns 11 de novembro non era unha cría de lontra, como inicialmente publicamos, senón un visón americano. Así o apuntaban xa algúns dos nosos lectores e, tras consultalo con diversos expertos, confírmase.

Non é unha boa nova xa que, tal e como tamén adiantaban os nosos seguidores de Facebook, trátase dunha especie invasora. Dende estas liñas queremos agradecer o gran interese suscitado, así como os numerosos e valiosos comentarios recibidos sobre tema e a colaboración das persoas consultadas.

Ademais dende o Periódico O SIL convidamos a todas as persoas interesadas no mundo da natureza e que teñan imaxes ou vídeos vencellados con este tema na zona a que nolos remitan para darlle difusión se nos consideran como unha plataforma válida.

Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button