En portadaÚltima hora

Flores para engalanar o Camiño de Inverno ao seu paso polo Barco de Valdeorras

O Concello pon en marcha a terceira edición do proxecto “Flores no Camiño” e entregará as plantas o día 28 de abril de 17 a 20 horas na Praza de Abastos

Imaxe do casco antigo do Barco polo que pasa o Camiño de Inverno./ Foto: A.R.

 

Tras a boa acollida rexistrada nas dúas primeiras edicións o Concello do Barco pon en marcha a terceira edición do proxecto “Flores no Camiño”. Para iso solicita a participación dos residentes nas rúas do Barco polas que transcorre o Camiño de Inverno asegurando que se porán a disposición dos habitantes desas rúas, que teñan balconadas ou terrazas apropiadas, plantas de flores, de diferentes especies, para axudar a engalanar os edificios situados no Camiño.

“Os interesados terán que solicitar a súa participación no proxecto ata o día 25 de abril, no correo electrónico: infoturismo@concellodobarco.org ou no teléfono 604 076 918″, indican desde o Concello, adiantando que entregará as plantas, cun máximo de 6 unidades por vivenda e ata completar existencias, o día 28 de abril de 17 a 20 horas na Praza de Abastos. “Os solicitantes só terán que comprometerse a completar con flores propias o total das súas balconadas ou terrazas”, conclúen dende o Concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button