ConcellosFolgoso de CaurelÚltima hora

Folgoso do Courel proporciona un mapa coas vías alternativas de acceso ao municipio

Publicidade

 

O Concello de Folgoso do Courel vén de facilitar un mapa coas vías alternativas de acceso tras o derrubamento de 200 metros da estrada LU-651 entre Folgoso e Quiroga, ao seu paso por Santa Eufemia.

Desde o Concello precisan que O Courel non quedou illado, que hai moitas outras entradas e cada unha ten o seu encanto. Convidan, polo tanto, a seguir descubrindo o territorio a través deses accesos alternativos. “Que non deixen de vir visitarnos”, expón a rexedora de Folgoso do Courel, Lola Castro.

Artigos relacionados

Back to top button