A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Fontei (A Rúa) celebra o seu tradicional magosto na praza

 

Nunha participativa e fría noite se celebraba o XXXVIII Magosto Tradicional de Fontei (A Rúa), onde os asistentes “desfrutamos dun acto cheo de boa veciñanza apretados xunto a fogueira que nos daba calor”, aseguran dende a organización.

 

 

Da man da asociación veciñal de Fontei, na noite do sábado 5 de novembro, os veciños concentrados na praza, diante da igrexa, colaboraban na preparación das castañas que quedaron moi ben asadas resaltando o seu sabor. As bica, encargábase de endozar aínda máis esta noite que mergullou aos asistentes na “máis fonda historia das  nosas raíces”, aseguran dende a asociación.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

https://youtube.com/shorts/9Cgs2pdffcY?feature=share

https://youtube.com/shorts/wGd6HjHAcss?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button