En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Fontei (A Rúa) rende culto a San Antón de Padua

 

Na mañá deste 13 de xuño, unha tirada de bombas de palenque anunciaban na Rúa o comezo do día de San Antón, unha data marcada no calendario festivo rues cuxo programa comezaba onte e estenderase ata o domingo día 16.

 

 

O acto principal da xornada tiña lugar ás 12h. A esa hora a imaxe de San Antón, seguida por un grupo de mulleres levando as tradicionais roscas casamenteiras, saía da igrexa parroquial de Fontei acompañada polos sacerdotes e unha multitude de devotos.

 

 

E tralo tradicional percorrido polas rúas, amenizado pola Charanga Nova Trives, a comitiva regresaba á igrexa onde tiña lugar a eucaristía e a bendición das roscas que máis tarde se poñían á venda na praza ao ritmo da sesión vermú coa charanga.

 

 

Pola tardiña, a orquestra Capitol actuará en sesión de tarde e verbena. Mañá, venres 14 de xuño, haberá pancetada gratis e música a cargo do Dj Tariro.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button