ConcellosO BarcoÚltima hora

Formación sobre aspectos prácticos da normativa forestal, no Barco e en Manzaneda

Imaxe de arquivo do exterior da Casa Grande de Viloira (O Barco).

 

A acción formativa “Aspectos prácticas da normativa forestal” impartirase o día 25 de novembro na Casa Grande Viloira (O Barco) e o día 28 destes mesmo mes no salón de actos do Concello de Manzaneda. En ambos casos será pola tarde, de 16h. a 20h.

“O obxectivo destas actividades é achegar a poboación do medio rural cómo lle afecta a normativa vixente en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándonos nos procedementos máis habituais que a maioría dos/as habitantes de aldeas e pobos van necesitar nalgún momento”, explican dende a organización da actividade.

Así, no programa inclúense, entre outros, os seguintes temas: obrigas de xestión da biomasa para prevención de incendios, usos do lume e permisos de queima, actividades en terreos queimados,  repoboacións forestais, aproveitamentos de madeira e cambios de actividade.

Estas accións están aprobadas dentro do plan de Formación Continua de AGACAL/Medio Rural e están organizadas polo Servizo provincial de Montes de Ourense en colaboración cos distritos forestais da provincia.

Para asistir é necesario facer a inscrición online no seguinte enlace: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Artigos relacionados

Back to top button