OurenseÚltima hora

As forzas de seguridade intensificarán a vixilancia en varios puntos da cidade

As queixas veciñais piden que se controle o parque infantil da rúa Concello, a Alameda e o Xardín do Posío
Un momento da reunión celebrada no Concello de Ourense, hoxe.
Un momento da reunión celebrada no Concello de Ourense, hoxe.

O Concello de Ourense foi sede esta mañá dunha reunión de seguridade que concentrou ao subdelegado do Goberno na provincia, Roberto Castro, ao alcalde da cidade, Jesús Vázquez, ao edil de Seguridade Cidadá, Carlos Campos, ao comisario provincial do Corpo Nacional de Policía, Antonio Álvarez, e a intendente xefe da Policía Local, María Barrera. A conclusión á que se chegou é que as forzas e corpos de seguridade intensificarán a vixiancia en varios puntos da cidade nas que se rexistraron queixas veciñais, principalmente no parque infantil da rúa Concello, a Alameda e o Xardín do Posío.

Neste encontro tamén se avaliaron as actuacións levadas a cabo nestas zonas, así como as chamadas de veciños recibidas ao respecto. E, ademais de fixar esta coordinación e intensificar a vixiancia, os asistentes acordaron establecer unha reunión de similares características á celebrada hoxe con certa regularidade, a priori unha vez ao mes, co obxectivo de avaliar a evolución das medidas adoptadas nesta.

Artigos relacionados

Back to top button