ConcellosO BarcoÚltima hora

Fotografía solidaria a favor de Peludines Callejeros Valdeorras, o 3 de outubro en Xagoaza (O Barco)

Para participar nesta iniciativa, promovida pola protectora de animais en colaboración con W Fotografía de Mascotas, é necesaria cita previa

 

Corren tempos difíciles, non só para os humanos senón tamén para os animais e diso a protectora Peludines Callejeros de Valdeorras, con sede no Barco, sabe moito. Por iso, co obxectivo de recadar fondos cos que seguir axudando aos animais sen fogar que tan mal o están pasando, propón unha bonita iniciativa que levará a cabo en colaboración cunha empresa de fotografía profesional.

W Fotografía de Mascotas deprazarase co seu equipo ata o Mosteiro de Xagoaza o vindeiro sábado 3 de outubro para inmortalizar á mascota dos asistentes. Para participar só hai que pedir cita polos medios que figuran no cartel (correo electrónico, WhatsApp ou redes sociais) e á hora concertada, un fotógrafo de mascotas fará a foto que entregará por 10 euros editada en formato dixital e tamén revelada. As prazas son limitada e está nsuxeitas á dispoñibilidade horaria.

Trátase dunha boa ocasión para que todo aquel que o desexe teña a foto da súa mascota nun entorno idílico e por un módico prezo, colaborando ademais coa protectora valdeorresa.

Artigos relacionados

Back to top button