A RúaConcellosEconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Fran Perea e Pablo Piñeiro porán o broche á unha renovada edición da Baco Festa, na Rúa

A VII edición da feira enogastronómica en homenaxe ao Deus do Viño celebrarase do 12 ao 14 de agosto no Aguillón

Publicidade

 

Tras unhas intensas e completas festas, A Rúa prepárase para outro destacado evento que caracteriza o verán rues: A Baco Festa, “unha feira romano-gastronómica que rende homenaxe ao viño e ao pasado románico da comarca”. Así o aseguraba o alcalde, Álvaro Fernández, na presentación do evento que tiña lugar na mañá deste mércores 10 de agosto no Salón de Plenos do Concello.

Despois de dous anos sen poder celebrala por culpa da pandemia, dende o Concello rues recuperan con forza esta celebración de gran relevancia para a vila e para toda a comarca, á que lle queren dar o seu “toque persoal na procura do recoñecemento como Festa de Interese Turístico”, dixo o rexedor. Un dos requisitos para conseguir o título é precisamente a imaxe, por iso para esta edición presentará un aspecto totalmente diferente ao das anteriores edicións, que agardan sexa do agrado da poboación.

 

 

Con respecto ao programa, estenderase do 12 ao 14 de agosto, comezando coma sempre na Ponte da Cigarrosa o venres día 12, ás 20:30 horas. Dende aí partirán as autoridades para proceder á inauguración no recinto feiral do Aguillón. Xa pola noite, fóra do recinto, actuará o grupo La Banda de Ayer con música pop e rock dos 80′, 90′ e 2000.

O sábado 13 de agosto o recinto abrirá as portas en torno ás 12:45 ata as 14:30 hora con ronda matinal de degustación de viños e produtos gastronómicos nos diferentes stands. Pola tarde, volverá abrir ás 19:445 horas coa ronda amenizada polos Cantos de Taberna de Abertal. Tralo peche do recinto, ás 23:30 horas actuará a orquestra Los Players.

E xa o domingo manterase o mesmo horario, contando coa actuación pola mañá da Banda de Gaitas de Abertal, e dun espectáculo de maxia a cargo do mago Roberto Lolo (12 horas). O broche musical correrá a cargo do actor e cantante Fran Perea, acompañado por Pablo Piñeiro.

 

O alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, amosando a nova imaxe que terá o recinto feiral.

 

Na presentación, o rexedor destacou agardan convocar a uns 3.000 visitantes a unha festa “que ten dado moitas alegrías ao municipio no pasado debido ao seu éxito de convocatoria” e que nesta ocasión contaron co tecido económico local da Rúa para a explotación do bar e do restaurante do recinto feiral.

Tamén haberá espazo no Aguillón para conmemorar o XX aniversario do irmandamento entre A Rúa e o municipio extremeño de Almendralejo, cun stand promocional especial, así como postos de adegueiros e artesans locais, tal e como destacou o alcalde, loando o traballo de todo o equipo de goberno e desexando que esta edición da Baco Festa sexa un novo éxito.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button