
Frei Chitín, un personaxe creado polo verinés Miguel Ángel Prieto Sotelo, enchía de humor e risas o Auditorio de Verín neste luns 7 de setembro. O freire convertíase en protagonista absoluto dunha actividade paralela celebrada no marco do FIC Vía XIV 2020, que contou cun grande éxito de público.
O Auditorio de Verin acollía deste xeito un espectáculo no que Frei Chitín departiu co público, ofreceu elevadas doses de enxeño e humor e exhibiu un documental propio, cun marcado carácter entroidero.
Caminos de Tierra
Xunto a isto, tamén o Auditorio de Verín acolleu un pase do documental Caminos de Tierra, dirixido por tres mozos de Verín -José Antonio Quintas Fírvida, Nacho Sola Veiga e Andrés Gonzalo Álvarez.
A obra detalla a viaxe que realizaron dende Ourense ata Galitzia (en Polonia) no ano 2019 e durante 40 días. Fixérono subidos a unha caravana vintage e autosostible pasando por un total de 11 países. A peza documental xurdida tras a viaxe contén unha unha mensaxe ecoloxista e de chamada de atención para a protección do medio natural.