DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Fría tarde de fútbol no Aguillón

C.D. Rúa e Manchica empataban no campo rues, no partido correspondente á xornada 19 en primeira autonómica

Co empate a 2 e o reparto de puntos, remataba o encontro desputado na tarde do 17 de xaneiro no campo de fútbol do Aguillón. Unha fría e chuviosa tarde na que o conxunto local, o C.D. Rúa, adiantábase no marcador cos goles de Wilber en dúas ocasións.

Con todo, e malia a vantaxe lograda polo dianteiro rues, os visitantes lograban recurtar distancias e tralo 2-1, chegaba o empate da Manchica ao transformar unha falta.

Co 2-2 final, o conxunto rues suma un punto manténdose no posto 14, cun partido menos (a semana anterior aprazárase o encontro en Nogueira de Ramuín debido á inundación do campo).

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button