OurenseÚltima hora

A Fundación Estanislao Reverter subasta as luvas do actual campión de España de rallyes, Cristian García

O obxectivo da subasta é seguir recadando fondos para continuar coa restauración do Alpinche.

 

O dobre gañador do Rally de Ourense e actual campión de España de rallyes, Cristian García, donou á Fundación Estanislao Revertes, as luvas que  utilizou no 50 aniversario da cita na que se impuxo aos seus rivais, para ser subastados co fin de seguir recadando fondos para continuar coa restauración do Alpinche.

Malia que as luvas están “un pouco fastidiados” porque segundo o piloto aragonés é “moi supersticioso e usábaos dende hai moito tempo tamén para cambiar rodas”, a subasta realizarase a través dun evento no Facebook da Fundación:
Fundación Estanislao Reverter 

Os interesados poderán ir aumentando a puxa a través de comentarios, partindo dun importe inicial de 100 euros, e o período para participara será dende hoxe, lunes 3 de xullo ás 9 horas ata o domingo 9 de xullo ás 21 horas.

O vencedor deberá facer un ingreso ou transferencia bancaria a un número que se lle facilitará e as luvas serán enviadas a través de mensaxería.

 

Artigos relacionados

Back to top button