OurenseÚltima hora

A Fundación Otero Pedrayo, escenario para a estrea do tráiler do filme ‘Pelerinaxes’

A cinta do italiano Simone Saibene será presentada no marco do Premio Trasalba 2016

A Fundación Otero Pedrayo converterase o próximo 26 de xuño no escenario para a estrea do tráiler do filme ‘Pelerinaxes’. A obra audiovisual que asina o italiano Simone Saibene será proxectada no marco da entrega do Premio Trasalba 2016, no pazo que alberga a propia fundación en Ourense. Segundo se explicou, foi elixido este lugar porque o libro ‘Pelerinaxes I’ de Otero Pedrayo inspirou a longametraxe, que se estreará en Galicia e no Festival de Cournoualle (Francia) no mes de xullo.

O filme fai o percorrido que en 1927 f8xeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey entre Ourense e Santo André de Teixido. O camiño comeza na Praza do Ferro da cidade das Burgas e percorre pobos de Ourense, Lugo e A Coruña: Vilamarín, Monterroso, Palas de Rei, Lugo, Rábade, Vilalba, As Pontes e Ortigueira, entre outros.

Tamén hai tintes locais na cinta a través dos rostros que dan vida á historia. Protagonizada pola actriz Carmen Méndez, o reparto complétano os ourensáns Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo e Isabel Risco.

No canto da banda sonora foi composta polo músico local Daniel Minimalia, Ruxe-Ruxe, MCarballo, Elena Domínguez e Miguel Álvarez.

Artigos relacionados

Back to top button