BoscoVision ProduCinema, produtora de cinema amateur e independente, sen grandes medios económicos realizada por e para xoves, baixo o lema La vida vista con arte, estrea en Ourense a súa película nº 202, que foi rodada en Vigo, Nigrán, A Garda, Tui, Pazo de Moreira (Ponteareas), Pazo Torres Agrelo (Redondela), Baoina, Fortaleza de Goian, A Merca, San Pedro de Rocas (Esgos), Ourense, Porto do Son (A Coruña) e Fortaleza de Valença do Minho (Portugal).
Héroes del medallón, filme interpretado por mozos e adultos de Vigo, A Guarda, Ponteareas e Ourense, pertence á serie xuvenil Los Trotamundos e correspondería ao episodio número 58, pero en formato película.

Baseada na obra de Charles Dickens Cuento de Navidad, con licencia cinematográfica e actualizada con temas como a historia, o amor ou a familia, Héroes del medallón xira en torno aos mozos e mozas do grupo chamado Los Trotamúsicos. Cada un recibe a chamada misteriosa dun amigo chamado Romer, convidándoos a ter unha experiencia e aventura únicas nas súas vidas, “sobre o misterio dun medallón que lles axudará a ser heroes no pasado, no presente e no futuro, pero con moito misterio para as súas vidas”.
Reparto artístico: Zaida González, Patri Rico, Iria Barros e Hugo Pino (de Ponteareas); Roi López, Jorge Asenjo e Gemma Loureiro (de Ourense); Anxo Aldea, Xiana Aldea, Juanjo Aldea e Sofía González (de A Guarda), Cayetano Marcote e Antonio Pires (de Vigo). Coa voz de narrador do periodista radiofónico Juan Lago e baixo a dirección do vigués Angel Fernández Prado.
Nesta película rodouse en Technicolor a secuencia do pasado e editáronse tres trailers, en español, italiano e inglés.
A estrea en en Ourense será o sábado 12 de abril no Teatro Principal, ás 20 horas. A entrada, gratuíta ata completar aforo pódese conseguir na taquilla a partir de las 18 horas.



