EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O futuro do sector mineiro galego analizarase nunha xornada técnica en Ourense

Terá lugar o 16 de outubro na CEO e será promovida polo Clúster da Pizarra de Galicia, o Clúster do Granito, a Cámara Mineira e a Asociación Galega de Áridos
Imaxe do cartel das xornadas.

Baixo o título “Perspectivas de futuro para o sector mineiro galego” desenvolverase o vindeiro luns 16 de outubro unha xornada técnica na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), na cidade das Burgas. O acto inaugural, que contará coa presenza do director xeral de Enerxía e Minas da Xunta, Ángel Bernardo Tahoces, está previsto para ás 10h.

Logo darase paso á primeira das ponencias, a cargo do catedrático da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, Javier Taboada. Despois, intervirá o catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago Luis Míguez.

Esta xornada técnica incluirá asemade unha mesa redonda na que responsables municipais de catro concellos galegos, cunha forte presenza mineira, analizarán a influencia do sector nas súas comarcas. Neste coloquio teñen previsto participar a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González; o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez; o primeiro tenente de alcalde de Sandiás, Tito Traveso; e a alcaldesa do Porriño, Eva García.

Esta xornada será promovida conxuntamente polo Clúster da Pizarra de Galicia, o Clúster do Granito, a Cámara Oficial de Minería de Galicia e a Asociación Galega de Áridos.

Artigos relacionados

Back to top button