CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Gael Ferreiro, do IES Carlos Casares de Viana, excelencia académica na ABAU 2021

Gael Ferreiro García. /Foto cedida.

 

Moi bos resultados conseguían en xeral os alumnos que realizaban as probas da ABAU 2021 na Rúa, cun total de 18 excelencias académicas: 13 do Barco de Valdeorras (7 do IES Lauro Olmo e 6 do IES Martaguisela), 2 do IES Xermán Ancochea de Trives, 1 do IES Cosme López Rodríguez da Rúa, 1 do IES de Quiroga e 1 do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

Cun 9,54 na fase xeral e 13,54 nas notas de mellora, Gael Ferreiro García, ten un dos mellores expedientes de Galicia. Fixo o Bacharelato de Ciencias Sociais no instituto de Viana e probablemente cursará estudos vencellados con Traducción e Interpretación, tal como adiantan dende o centro.

O acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Bacharelato, de centros de Ensino Medio de Galicia  será o vindeiro xoves, día 24 de xuño ás 17 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC.

 

Gael Ferreiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button