EconomíaEconomíaSen categorizar

Gala Dama & Caballero Valdeorras, o 9 de xullo no Barco

Valdeorras será a primeira comarca para a elección dos representantes da provincia de Ourense no certame nacional
Presentación da gala, no Barco CCA./ Foto: Carlos G. Hervella
Presentación da gala, no Barco CCA./ Foto: Carlos G. Hervella

Por primeira vez nos dez anos que a delegación de Dama & Caballero leva en Ourense, a selección dos representantes provinciais no certame nacional celebrarase por comarcas, sendo Valdeorras a primeira. Así o anunciaban na mañá do 18 de xuño a responsable da delegación do certame María Conde Suárez da empresa MF, o presidente do CCA O Barco (colaborador activo no evento) Ángel Álvarez e a Dama Ourense 2013 Gema Alonso.

A gala, na que se elexirán a Dama e o Cabaleiro de Valdeorras, terá lugar o martes 9 de xullo na praza do Concello a partires das 21h.

No momento da presentación xa había vinte candidatos, dez femininas e dez masculinos pero todo aquel que desexe participar pode enviar un correo a certamencaballerodamaourense@gmail.com, tendo en conta que a principal cualidade que o xurado terá en conta é que coñezan a súa comarca “porque o demais pódese aprender” explicou María. De feito, o obxectivo de facer o certame por comarcas é dar a coñecer cultural e turisticamente os diferentes concellos, por iso grabarán un video promocional que presentarán o día do acto.

Os gañadores das diferentes galas comarcais participarán na final que se celebrará en agosto na capital e da que sairán os representantes de Ourense na final nacional de Dama de España 2014 en Sevilla, e Caballero de España 2015 en Madrid.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Algúns dos participantes na gala que terá lugar o 9 de xullo do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella
Algúns dos participantes na gala que terá lugar o 9 de xullo do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button