SanidadeÚltima hora

Galicia estará pechada do 23 de decembro ao 6 de xaneiro

Así o anunciaba o conselleiro de Sanidade esta mañá en rolda de prensa

O conselleiro de Sanidade, Julio García, durante a rolda de prensa.

 

Na rolda de prensa que o conselleiro de Sanidade ofrecía esta mañá tamén se anunciaban medidas de cara ao Nadal. A que máis destacaba o conselleiro era o peche da Comunidade Autónoma de Galicia do 23 de decembro ao 6 de xaneiro “non se pode vir aquí sen unha xustificación laboral, educativa ou de sanidade, como tamén o estarán o resto de Comunidades Autónomas, froito do acordo tomado no Consello Interterritorial. Esta medida debería reducir moitísimo a mobilidade. Si está permitido o reagrupamento familiar, visitar aos familiares os días de celebración do Nadal, e nós o que recomendamos é que o Nadal se celebre só con unidades de convivintes familiares e comidas cun máximo de dúas unidades familiares”, indicaba Julio García Comesaña. Poderían xuntarse como máximo seis persoas sen contar nenos de menos de 10 anos.

Recoméndase diminuír a interacción a un só grupo de convivencia, se é posible. Son medidas “o máis restritivas posible, o seguinte sería non poder celebrar o Nadal”.

Decálogo das recomendacións para o Nadal

Buscando optimizar as medidas de prevención e reducir ao máximo a expansión do virus Sars-COV-2 durante os festexos, o Comité Clínico de expertos definiu un decálogo de medidas a ter en conta durante as vindeiras datas.

Así, e xunto coa recomendación de cinguir exclusivamente as xuntanzas navideñas a unidades de familiares de conviventes, aconsella que na medida do posible estas celebracións teñan lugar en espazos ao aire libre ou con boa ventilación, e en mesas de amplas dimensións.

O decálogo apunta que as mesas deben ser postas pola mesma persoa, quen ademais desinfectará as súas mans dun xeito continuo. Así mesmo, a totalidade dos comensais deberán manter a máscara durante a cea -sempre que sexa posible-, recomendando non compartir nin bebidas nin alimentos durante o festexo.

Nesta mesma liña, o conselleiro de Sanidade subliñou que as unidades familiares que se xunten nas noites do 24 e 31 de decembro deberán de ser as mesmas en ambos días, e non ter carácter rotatorio con outra familia.

Por último, o conselleiro de Sanidade lembrou que as persoas que visiten aos seus familiares durante as festas de Nadal, e procedan de territorios cun alta incidencia epidemiolóxica, teñen a obriga de inscribirse no rexistro de viaxeiros de Galicia, unha conxuntura que pode levar aparellada a realización dunha proba diagnóstica. Estas probas tamén serán extensivas a todos os estudantes que proveñan de fóra de Galicia, -independentemente do lugar de procedencia-, e incluso se lle realizara a aqueles que se desplacen polo interior da comunidade autónoma, sempre que se inscriban no rexistro de viaxeiros.

O titular de Sanidade apelou unha vez máis á responsabilidade cidadá e ao cumprimento das medidas e recomendacións establecidas, incidindo en que “debemos limitar ao máximo os contactos sociais fóra das unidades familiares”, pois ”non podemos tirar pola borda todo o traballo e esforzo que levamos realizado nestes meses”.

As medidas acordadas poderán ser obxecto de modificacións de acordo á evolución epidemiolóxica que rexistre a comunidade galega, así, cómpre lembrar que o vindeiro 21 de decembro volverá reunirse o Comité clínico.

 

Artigos relacionados

Back to top button