O curso escolar 2020-2021 comezará en Galicia o vindeiro 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado non universitario. Os primeiros en acudir ás aulas serán os alumnos de 4º e 5º curso de Infantil; 1º, 2º, 3º de Educación Primaria e Educación Especial. Ao día seguinte, 11 de setembro, comezarán os alumnos de 6º de Infantil e 4º, 5º e 6º de Primaria. O día 16 de setembro comezarán os alumnos de 1º e 2º da ESO; 1º de Bacharelato; 1º de FP Media e 1º de FP Superior. O día 17 incorporaranse os de 3º da ESO e os de 2º de Bacharelato, FP Media e FP Superior. Finalmente o alumnado de 4º da ESO e toda FP Básica incorporarase o día 18. Este calendario ten o obxectivo de facilitar a organización dos equipos directivos e a adaptación do alumnado ás novas dinámicas do curso.
Hoxe, 31 de agosto, tivo lugar unha xuntanza entre o secretario xeral técnico da Consellería de Eduación, Universidade e Formación Profesional, Jesús Oitavén e o director xeral de Asistencia Sanitaria da Consellería de Sanidade, Jorge Aboal. Na reunión abordaron as cuestións acordadas a pasada semana entre o Goberno de España e as Comunidades Autónomas así como as indicacións do comité clínico de experto que asesora ao goberno autonómico.
Resumen de medidas
No tocante á organización das aulas, os alumnos de Infantil e Primaria organizaranse en grupos de convivencia estable, sen necesidade de distancia de seguridade. Para os cursos da ESO, Bacharelato e Formación Profesional establécese unha distancia de 1,5 metros entre alumno. O protocolo acordado tamén resalta a presencialidade da actividad lectiva, priorizándoa para o alumnado de menor idade. O uso da mascarilla será obrigatoria tamén para o alumnado de Primaria e recomendada para os nenos de Infantil.
As familias deberán realizar a medición de temperatura diariamente antes de que os nenos acudan ao centro escolar. Os centros educativos deberán informar de que o alumnado con sintomatoloxía non pode acudir ao centro e confirmar que esa información foi recibida. No tocante ao tcomedor escolar, os comensais deberán gardar unha distancia de 1,5 metros e con postos fixos e sentados en oblicuo. Os asentos asignados tamén se aplicarán no transporte escolar.
En caso de gromo, a autoridade sanitaria irá definindo as distintas medidas de illamento e corentena dependendo de como evolucione a situación. En función do número de contaxios poderase decretar a corentena dun grupo, o peche de aulas, dun nivel educativo ou da totalidade do centro.
As instrucións completas para o inicio do curso poden consultarse no Portal Educativo, cos cambios resaltados respecto a anterior versión do protocolo: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31754.