En portadaÚltima horaVídeos

Gran ambiente en Calabagueiros para ver ao CD Barco e ao Cultural Areas

No "día dos nenos", o Centro de Deportes Barco enchía o campo de fútbol

 

Achegar o fútbol aos máis pequenos, lograr un gran ambiente e encher de público, sobre todo infantil, o campo. Son os obxectivo co que nacía o “día dos nenos”, a xornada na que cada ano o Centro de Deportes Barco convida a nenos e pais a un partido de liga.

 

 

 

Este ano o partido elixido era o disputado na tarde deste domingo 16 de marzo entre o CD Barco e o Cultural Areas, no que se rexistraba unha gran entrada. E non é para menos xa que ademais da entrada para ver ao equipo sénior e o sorteo de camisetas e outros agasallos, o club instalaba castelos inchábeis xigantes para deleite dos máis pequenos.

 

 

O día, soleado, acompañou. Tamén o resultado, 1-0 favorable aos locais grazas ao gol de Ocampo.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button