SanidadeÚltima hora

Galicia rexistra 35 casos confirmados por coronavirus e outros 28 pendentes de confirmación

Dos positivos pendentes de confirmar, 6 están en Ourense. Os datos dábaos o presidente da Xunta durante a rolda de prensa do Consello da Xunta

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos Asensio.

 

Segundo os últimos datos, ás 13h. deste xoves 12 de marzo, en Galicia hai un total de 35 casos confirmados de coronavirus e outros 28 casos pendentes de confirmación, tal e como sinalaba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación despois da reunión semanal do Consello da Xunta.

Dos positivos confirmados hai 27 na Coruña, 2 en Lugo, 1 en Ourense e 5 en Vigo. E no referente aos pendentes de confirmación hai 6 en Ourense, 10 casos na Coruña, 1 en Ferrol, 3 en Santiago, 4 en Pontevedra e 4 en Vigo.

Ademais téñense rexistrado 6.648 chamadas ao teléfono habilitado pola Xunta para o coronavirus, lévanse realizado 345 tomas de mostras en domicilio e un global de 591 tomas de mostras. “En Galicia temos unha prevalencia de 2,13 por 100.000 habitantes, moi por baixo da media de incidencia no conxunto do Estado”, aseguraba Núñez Feijóo.

Artigos relacionados

Back to top button