Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A Garda Civil ourensá honra á súa patroa

O subdelegado do Goberno en Ourense presidía o acto institucional do día do Pilar no acuartelamento de Santa Mariña

Coa misa de celebración da Virxe do Pilar na Catedral ás 12h. comezaban na cidade de Ourense os actos na honra da Patroa da Garda Civil. Unha hora despois, tiña lugar un acto institucional no Acuartelamento de Santa Mariña, que estivo presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e nel participaban numerosas autoridades.

Na súa intervención, Castro destacaba o papel da Garda Civil e resaltaba súas cualidades ao longo dos seus 173 anos de vida: “avanzadilla, perservancia, dilixencia, adicación, competencia, asistencia, lealdade, compromiso e honra”. E lembraba os baixos niveis de delincuencia que converten a Ourense na “provincia máis segura de Galicia e nunha das máis seguras de España. Aínda así, estou seguro de que o Benemérito Corpo non esqueceu algún caso, pendente aínda de resolución, que nos ten sobrecollido a todos, e sobre o que se segue traballando. Animámolos a seguir, na confianza de que poñen todo o seu empeño para solucionalo”.

Asemade o subdelegado agradecía “a cada unha das mulleres e homes que formades parte desta Comandancia, e de cada un dos cuarteis e postos da provincia, a vosa entrega e bo facer, no encargo do benestar, e do respecto aos dereitos de toda a cidadanía”.

Artigos relacionados

Back to top button