CulturaCulturaÚltima hora

Gargallada enche por segundo día consecutivo o Teatro Lauro Olmo do Barco con “Crónica dun Pobo”

Esta peza, dirixida por Manuel Caramés, está interpretada por un elenco de 14 actores

 

Con dúas sesións de cheo completo no Teatro Lauro Olmo do Barco acollía o público valdeorrés a estrea de “Crónica dun Pobo”, de Gargallada Teatro. Esta peza, adaptación de dúas obriñas de Miguel Gila (realizada e traducida ao galego por Manuel Caramés) que chegan por vez primeira ás táboas, engaloiaba aos asistentes na estrea do 8 setembro e neste sábado 9 de setembro volvía conquistar aos espectadores.

 

 

Gargallada continúa pola senda da comedia, que sempre caracterizou a este grupo de teatro amador, pero agora adéntrase nun terreo que roza o esperpento, cunha “farsa histórica” que achega unha “visión traxicómica sobre as guerras e os réximes autoritarios desde a perspectiva das xentes do común, que son realmente as que padecen as súas desastrosas consecuencias. E todo isto pasado pola peneira do humor mordaz”, en palabras da compañía.

 

 

Esta obra está dirixida por de Manuel Caramés e interpretada por Xosé Lois Conde, Juanjo Fernández, Reyes Limia, José Manuel G. Borace, Álvaro Baños, Aurora Fernández, Lalo Santos, Carmen Hernández, Manuel González, Moncho Díaz Macías, Ángel Rodríguez, Emilio González López, Xabier Blanco e coa colaboración de Antela Roo (ao acordeón).

 

 

Humor que convida á reflexión, nunha nova montaxe moi recomendable e que, de seguro, lle vai reportar moitas alegrías a Gargallada Teatro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button