Galerías de fotosÚltima hora

Germán Pérez, de Sober, celebra o seus cen anos

Na súa casa en Pinol de Abaixo (Sober) vén de celebrar o seu centenario Germán Pérez Pérez, acompañado de familiares. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, visitaba e felicitaba a este veciño, que naceu en O Noguedo (Santiorxo) e vive agora en Pinol de abaixo, a 300 metros do seu pobo de nacemento.

Germán goza dunha boa saúde, como pode verse nas imaxes. Con el suman 10 os centenarios que actualmente ten o concello de Sober: 3 homes e 7 mulleres. O día 11 de xaneiro Alfonso Llano González, que está na Residencia Nosa Señora do Carme, será o seguinte en incorporarse aos centenarios de Sober.

Ademais dos seus familares, Germán contou coa visita do alcalde, do tenente dealcalde, Domingo López, e da ex rexedora, Raquel Arias.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button