Numerosas persoas se reunían na noite do 9 de agosto no campo de fútbol do Aguillón para desfrutar do concerto de Gisela, no día grande das festas de verán da Rúa. Un público familiar que desfrutaba do percorrido musical que a cantante realizaba por coñecidos temas de películas de Disney: dende a “Sirenita”, pasando por “Pocahontas”, “Hércules” e “Aladin” ata a “Bella y Bestia” e
“Frozen”.
A actuación finalizaba cun popurrí das cancións que Gisela interpretaba, hai xa vinte anos, en “Operación Triunfo”.O concerto, cunha entrada de 2 euros, desenvolvíase seguindo as medidas anticovid.
Foto e vídeo: Mónica G. Bellver.