ConcellosO BarcoÚltima hora

Globos con premios, á beira do Sil, nas actividades da X Noite Branca do Barco CCA

 

Á beira do río Sil, á altura do Malecón do Barco, desenvolvíanse a partir das cinco e media desta tarde as actividades da X Noite Branca do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), que tiveran que cancelarse o pasado 16 de xuño por mor da chuvia.

Así a asociación instalaba unha caixa máxica, un cubo de tres metros de alto por tres metros de ancho pechado e cheo de globos, con premios e agasallos. Os clientes accedían ao interior cun tícket de compra con data do 16 de xuño (día na que se celebrou a Noite Branca) ou deste 30 de xuño para elixir un globo que poderá ter o non premio.

 

 

Os premios consistían en agasallos doados polos establecementos asociados e en vales de compra aportados pola propia asociación comercial. A maiores, e completamente de balde, había un fotomatón, pintacaras infantil e maquillaxe para adultos no mesmo recinto, na praia fluvial.

O CCA O Barco retomaba tamén os premios a aqueles que acudisen vestidos de branco, cunha prenda de roupa de cor branca, e presenten un tícket de compra con data do 16 ou do 30 de xuño. Os clientes levaban un vale por unha consumición gratuíta (importe máximo 2€) para investir nos establecementos hostaleiros asociados.

Artigos relacionados

Back to top button