CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Martaguisela do Barco

 

Na tarde do 18 de maio o salón de actos do IES Martaguisela do Barco acollía un acto moi especial e festivo: a graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Había moitos nervios e emocións que se ían intercalando nunha gala moi coidada, e que incluían actuacións de saxofón, piano, frauta traveseira e acordeón a cargo dos estudantes.

Non faltaban tampouco os discursos do profesorado e da dirección do centro e, por suposto, as intervenciós do alumnado recordando con agradecemento, agarimo e humor os seis anos neste instituto barquense. Tamén se proxectaron vídeos recordatorios e entregáronse agasallos ás titoras dos cursos. A gala foi retransmitida en directo pola lóxica limitación de aforo da sala.

Fotos cedidas polo IES Martaguisela.

Artigos relacionados

Back to top button