DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Gran ambiente en Calabagueiros no CD Barco-UD Somozas

Malia perder 1-2, os locais mantéñense na terceira posición da liga rumbo á promoción

Un espectacular ambiente se vivía no campo de fútbol de Calabagueiros na tarde do 25 de marzo. Non só porque o C.D. Barco (terceiro clasificado) se enfrontaba á UD Somozas, un equipo que tamén loita por meterse nos postos de promoción, senón porque foi o partido elixido polo club barquense para convidar aos cativos de todo o oriente ourensán, Castro Caldelas e Quiroga.

Así, moitos nenos acompañados por pais e avós, enchían as bancadas do campo, aínda que non eran os únicos, xa que os afeccionados e moi especialmente os Ultrasil, animaban ao equipo máis se cabe que outros domingos, con cancións, novas pancartas e incluso bengalas de cores antes de comezar o encontro.

Un partido que non foi segundo o desexado, polo menos en canto ao resultado, xa que malia o bo xogo dos vermellos, o C.D. Barco acababa perdendo 1-2 ante un gran rival. Óscar adiantaba á Somozas no minuto 20 e chegando ao descanso Diego marcaba o segundo gol visitante que caeu coma un xarro de auga fría. Xa na segunda parte, os locais aumentaron a intensidade do xogo, co gol de Raly no minuto 46. Un tanto insuficiente para puntuar aínda que os barquenses manteñen o terceiro posto, cun punto máis que o cuarto (o Vilalbés), a sete xornadas para o final da liga.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button