Continúa o Torneo de Fútbol 7 ‘Camiño de Inverno’ no campo do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras. Na tarde deste caluroso sábado 13 de xullo, dende as catro ata pasadas as nove, disputábanse a maioría de partidos, con gran afluencia de público a pé de campo.
Mañá pola mañá enfrontaranse os primeiros e segundos de cada grupo e xa pola tarde as semifinais (17 horas) e a gran final (19 horas).
Fotos cedidas.



