DeportesFútbolGalerías de fotosUD OurenseÚltima hora

Gran ambiente no Couto para ver á UD Ourense vencer 5-1 ao Atlético Arteixo

 

Pode que as 12 do mediodía non sexa a mellor hora para ver un partido de fútbol pero así e todo era moito o público que na mañá deste domingo 16 de outubro asistía ao campo do Couto para ver o encontro entre UD Ourense e Atlético Arteixo, a maioría afeccionados do conxunto ourensán que marchaban contentos.

 

 

E non é para menos xa que os de Jorde de Dios lograban unha contundente vitoria (5-1) sumando tres puntos máis que os manteñen na zona alta da clasificación na Terceira RFEF. Contra todo pronóstico, eran os coruñeses os que se adiantaban no marcador co gol de Íker no minuto 6 pero os locais reaccionaban e no 22′ Alejandro poñía o empate no marcador.

 

 

A partir de aí o partido e os goles foron dos vermellos. Gabriel marcaba o segundo local no minuto 27 rematando a primeira parte co 2-1 e, tralo paso polo vestiario, Jose marcaba no minuto 50; Álvaro no 61′ e Manuel no 70′, sentenciando o partido.

 

 

A seguinte cita para o conxunto ourensán será na xornada 6 no campo do Choco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button