CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Gran ambiente no Vicente Solarat para ver a semifinal polo ascenso a 1ª Galicia entre o Rúa e o Taboadela

O conxunto valdeorrés pasa á seguinte fase trala vitoria 4-2 na tanda de penaltis

 

Un gran ambiente deportivo se respiraba na área recreativa do Aguillón, na Rúa, na tarde deste domingo 22 de maio. Mentres no pavillón municipal as rapazas do Rúa-Valdeorras CF enfrontábanse ao Atlético Arnoia na semifinal da Copa Galicia, no campo Vicente Solarat Maceda o equipo sénior do CD Rúa pelexaba co Taboadela na semifinal do ascenso a 1ª Galicia.

Dende hai días a directiva do CD Rúa animaban a afección a asistir a este importante partido vestido de amarelo (cor principal da súa equipación), regalando unha rifa a quen o fixera para partidipar no sorteo dun xamón dunha cea para 2 persoas no Mesón Poldo.

 

O xamón que sorteaban no descanso./ Foto cedida.

 

Malia o incentivo non todo o mundo asistía de amarelo, pero o campo de fútbol rues si rexistraba unha boa entrada con numeroso público na bancada e sobre todo a pé de campo.

A nivel deportivo, o partido estivo moi igualado con moitos nervios por parte de ámbolos dous equipos e algunha ocasión que esgotaba o tempo reglamentario co empate a ceros no marcador. Finalmente na tanda de penaltis impoñíase 4-2 o conxunto rues que pasa á seguinte ronda.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button