En portadaÚltima horaVídeos

Gran expectación na saída da IV Subida a Valdeorras, no Barco

30 coches participan na proba que se desenvolve nesta fin de semana entre Viloira e Santigoso

 

Chegou o día. Tras anos de espera (21 para ser exactos) o regreso da Subida a Valdeorras creou unha gran expectación entre os afeccionados ao automobilismo que por fin na mañá deste sábado 8 de outubro podían desfrutar do son dos motores e da adrenalina da competición.

Da man da Escudería Valdeorras e tal como estaba previsto, pasadas as 12:15 horas e tralas verificacións administrativas e técnicas no Campo da Festa (no Malecón), os 30 vehículos inscritos na proba da Copa España de Montaña percorrían a estrada principal do Barco rumbo a Viloira, onde realizaban a asistencia e recibían aos numerosos afeccionados e curiosos que alí se congregaban.

 

 

E xa pasadas as 13 horas comezaba a primeira manga de adestramento na estrada OU-121 entre Viloira (saída) e Santigoso (meta) cunha distancia total de 5.350 metros, un desnivel de 302 metros e pendente media do 5,64%. Tanto na saída como ao longo do percorrido era tamén numeroso o público que seguía a subida.

A partir de aí, con algunha saída de vía incluída, sucedíanse as dúas carreiras oficiais.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button