CD BarcoCD RúaDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

Gran expectación no derbi infantil CD Barco-CD Rúa disputado en Calabagueiros

Co 7-1 remataba o partido da segunda xornada de liga disputado na mañá deste sábado

 

O Campiño de Viloira (O Barco) está en obras, por iso era o campo de Calabagueiros o que acollía, na mañá deste domingo 18 de abril, o derbi comarcal CD Barco-CD Rúa da liga infantil na que compiten os dous equipos valdeorreses, o partido da segunda xornada desta competición exprés que arrancaba hai unha semana.

O Barco, adestrado por Iván Guntiñas, partía como líder da clasificación trala vitoria 0-5 contra a UD Ourense B na anterior xornada e non defraudou, cun intenso partido no que apenas deu opción aos do Rúa, adestrados por Javier Ferrer.

Tras varios intentos fallidos, con boas paradas do gardameta rues incluídas, o primeiro gol local chegaba no minuto 20 e o segundo pasado xa o 40′. O Rúa, que na primeira xornada empatara a ceros co Monforte, recurtaba distancia marcando dous minutos despois, chegando ao descanso co 2-1 no marcador. Con todo, tralo paso polo vestiario, o dominio foi total para o equipo vermello que marcaba outros cinco goles ata chegar ao 7-1 final.

A seguinte xornada para o CD Barco será no campo do Monforte CF e para o Rúa en casa contra Calasancio.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button