En portadaÚltima hora

Gran madrugón para mercar as entradas da Festa do Botelo do Barco

 

Un ano máis quedou demostrado o interese da xente do Barco en non quedar sen a súa entrada para a XXII Festa do Botelo que se celebrará o vindeiro sábado 20 de xaneiro.

Como en edición anteriores, as entradas comezaban a venderse ás 9 da mañá deste sábado 13 de xaneiro e ás dez pechabase á venda quedando unicamente 23 das 1.150 dispoñibles, que se porán á venda o luns no terceiro andar do Edificio Multiusos.

Con todo, a xente madrugaba para coller número e xa dende antes das catro da mañá había persoas no Teatro Lauro Olmo, onde se proxectaba un documental mentres facían tempo.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button