DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Gran triunfo para as rapazas do Rúa-Valdeorras C.F. no Aguillón

As valdeorresas vencían 3-0 ás santiaguesas do Victoria “C” na cuarta xornada de liga

Despois de dúas derrotas consecutivas (2-4 contra Betanzos e 4-0 contra Villestro), as rapazas do Rúa-Valdeorras C.F. veñen de sumar unha nova vitoria, a segunda no que vai de liga. Tiña lugar na tarde do 5 de novembro no campo do Aguillón no partido correspondente á cuarta xornada de liga que enfrontaba ás valdeorresas e ás coruñesas do Victoria.

Nunha soleada pero fría tarde, o temperán gol de Rafa no minuto 2 adiantaba as locais no marcador. As ruesas amosanron un xogo máis dinámmico e acertado aínda que habería que esperar ata a segunda parte do encontro para que Carol anotara o segundo (64′). Dezasete minutos máis tarde, Isa sentenciaba o encontro co terceiro tanto local.

Ao final 3-0 e e tres puntos máis no historial das rapazas de Ricaredo Basteiro que suman seis e sitúase no 6º posto da clasificación.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button