DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Gran vitoria do CD Rúa ante o Pontedeva, no Aguillón

O conxunto rues suma outros tres puntos tralo 5-2 da 10ª xornada de liga en segunda autonómica

Bonito partido o disfrutado na soleada tarde de domingo no campo rues do Aguillón entre o CD Rúa e o Atl. Pontedeva. Dun lado do campo os xogadores ás ordes de Ferrer adiantábanse no marcador nada máis comezar o encontro correspondente á 10ª xornada de liga en segunda autonómica.

Tralo gol de Rober, os locais seguían sumando chegando ao descanso co 3-0 no marcador, e un claro dominio do xogo. Na segunda metade, os do Pontedeva saltaban ao terreo de xogo máis centrados e dispostos a conseguir un gol que chegaba coa transformación dunha falta directa que case para Iván.

Lonxe de quedar aí o resultado aínda se marcarían tres goles máis, dous para os locais e un para os visitantes, rematando o encontro co 5-2 final e os tres puntos para o Rúa que segue sumando e sitúase no sétimo posto da clasificación.

Coma sempre, os asistentes ao partido tiveron a ocasión de levar un galo para casa, grazas ao sorteo que cada quince días celebran dende o CD Rúa entre todos os que compran rifas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button