DeportesÚltima hora

Gran xornada de caza para a Peña O Tis de Rubiá

Na mañá deste domingo 13 de decembro lograban cazar 14 xabaríns

Publicidade

 

Nin máis nin menos que con 14 xabaríns de diferentes tamaños regresaba a casa a Peña O Tis de Rubiá na tarde deste domingo 13 de decembro.

Malia a polémica xerada polos peches perimetrais e sempre seguindo as restricións establecidas por Sanidade, a tempada de caza e actividade cinexétiva especialmente centrada no xabarín, segue o seu curso. Trátase dunha especie moi abundante especialmente nas provincias de Lugo e Ourense, onde ocasionan danos nos cultivos e tamén nas estradas, e son moitas as peñas e cuadrillas que se dedican case exclusivamente á súa caza. É o caso da Peña O Tis que hoxe tiña unha excelente xornada de caza na zona dos Grezos, na serra de Biobra. “Comezamos en torno ás dez menos cuarto da mañá e cando paramos para comer (gardando as distancias) xa tiñamos todos os xabaríns cazados”, explican dende a peña formada por unha quincena de afeccionados a esta actividade.

 

Un dos membros máis novos da Peña O Tis de Rubiá.

 

Na xornada deste domingo, que remataban en torno ás seis da tarde aínda que despois de xantar xa non volveron cazar, levaron 11 cans guiados por dous monteiros. “A tempada está sendo moi boa porque pola zona de Rubiá hai moito xabarín e nós pasámolo ben de caza pero tamén favorecemos á xente dos pobos porque estes animais arrasan coas colleitas ademais de provocar moitos accidentes”, conclúen dende a peña.

 

A Peña O Tis de Rubiá.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button