Un total de 244 alumnos están matriculados para este curso 2024/2025 na ESO e Bacharelato no concello da Rúa, segundo a Consellería de Educación. Un curso que no IES Cosme López Rodríguez comezaba pasadas as oito e media da mañá.
Coma sempre os alumnos esperaban na entrada mentres os profesores os ían chamando por cursos. Unha vez dentro do cenro tiñan lugar as distribucións por grupos así como as presentacións e, xa a partir das 10:30 horas comezaban as clases en horario normal, tal como avanzaba a vicedirectora, asegurando que inician este curso con “grandes expectativas”.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.



