Un total de 15 equipos, todos do Club Petanca Valdeorras, participaban na xornada do sábado 1 de xullo no torneo de petanca das Festas do Chao, no Barco.
Tal como explican dende a organización, nesta ocasión en lugar de tripletas xogaron, en horario de mañá e tarde, en formato de dupletas con grandes premios para os tres primeiros clasificados.
Os gañadores do primeiro premio foron Jesús e Bautista, os do segundo Vicente e Lourdes e os do terceiro Toño e Carmen.
Fotos cedidas.