ConcellosÚltima hora

Grave accidente de tráfico en Viana do Bolo

Un turismo que circulaba pola OU-533 caía ás 10:25 h. ao encoro do Bao

No km 16,500 da estrada OU-533 (A Gudiña-A Rúa), ao seu paso polo concello de Viana do Bolo, tiña lugar ás 10:25h. da mañá do 15 de outubro un accidente de tráfico. Un turismo saíase da vía pola marxe dereita e caía ao encoro do Bao, tal e como informa a OPC de Ourense da Garda Civil.

Segundo os datos que se manexan nestes momentos, crese que o conductor atópase no interior do vehículo. A medida que se vaian recibindo máis datos deste suceso, ampliarase a información.

Artigos relacionados

Back to top button