CulturaCulturaÚltima hora

“Grease” estrea o autocine da Rúa con anécdota incluída

Con esta iniciativa cultural, que tiña unha boa acollida, colaboraba a agrupación de Protección Civil deste municipio

 

A partir das 22:30h. da noite do sábado 11 de xullo o campo de tiro do Aguillón convertíase no primeiro autocine da Rúa. Poñíase en marcha co mítico musical “Grease” e tiña unha boa acollida de público. De feito, algúns dos asistentes mesmo acudían a sesión con vehículos clásicos.

Durante a sesión cumpríanse as medidas de seguridade sanitaria fronte ao Covid-19 e contábase coa colaboración de Protección Civil. A proxección transcorría con normalidade ata que, arredor das 00:30h., cando faltaban apenas 15 minutos para o remate do filme un forte refacho de vento tiraba a enorme pantalla na que estaba proxectando a película. “Xa non se puido continuar”, comenta o concelleiro de Cultura da Rúa, José Vicente Solarat, que destaca a comprensión dos espectadores ante o incidente “a xente aceptouno de bo grao”, indica agradecendo o comportamento do público.

O edil de Cultura valora positivamente a acollida do autocine e adiante que haberá unha nova sesión o vindeiro sábado, á mesma hora e co mesmo prezo simbólico de 5 euros. Proxectarase a primeira parte de “Tiburón”. Máis adiante valórase seguir con algún outro musical, tal e como adianta José Vicente Solarat.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button