ConcellosÚltima hora

Grumir e Protección Civil de Verín felicitaron o aniversario de medio cento de nenos na corentena

O alcalde verinés pon en valor o labor destes voluntarios e traballadores municipais, que, ademais, están dende o primeiro día do confinamento "axudando a quen máis o necesita cos servizos de aprovisionamento de alimentos e medicinas e de reparto de material escolar"

 

 

Dende o inicio do estado de alarma decretado pola crise do coronavirus, os efectivos do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) e os voluntarios da Agrupación de Protección Civil do Concello de Verín visitaban a máis de medio cento de cativos para felicitalos polos seus aniversarios.

A iniciativa poñíase en marcha co “fin de facer máis levadío o illamento dos máis pequenos da casa (dos 3 aos 10 anos) durante a fase máis dura do confinamento, e  finalizou co inicio da fase 1 da  desescalada, que xa permite a saída dos menores”, segundo informa o Concello de Verín.

O alcalde, Gerardo Seoane, quixo agradecer publicamente “o gran traballo que están a realizar durante o estado de alarma estes voluntarios e traballadores municipais que, ademais desta iniciativa solidaria, están dende o primeiro día do confinamento axudando a quen máis o necesita cos servizos de aprovisionamento de alimentos e medicinas e de reparto de material escolar;  e velando pola seguridade de todos os nosos veciños, mantendo as rúas da nosa vila limpas e desinfectadas”.

Artigos relacionados

Back to top button