A Garda Real continua a súa rolda de visitas polas institucións ourensás. Se onte visitaban o Concello, a Subdelegación do Goberno e a Deputación, hoxe foi a quenda da Delegación da Xunta de Galicia en Ourense. A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, recibiu ao subdelegado de Defensa en Ourense, Gustavo Doncel, e aos mandos da Guardia Real que se trasladaron até Ourense para solicitar a colaboración institucional de cara a unha posible visita dos membros desta institución da Casa Real na primavera. O obxectivo desta visita é dar a coñecer a súa actividade á cidadanía.
Artigos relacionados
Cicuenta e unha propostas de 45 establecementos, no Concurso de Pinchos de Ourense que comeza mañá
12 de Xuño de 2025
Javier Pardo e Cohete Suárez, dous dos pilotos de rallye máis relevantes de España, en Ourense
12 de Xuño de 2025

