DeportesFútbolÚltima horaVerín CF

Guillermo García: “Aínda temos marxe para rematar a tempada dun xeito digno”

O novo míster do Verín CF substitúe e Iván González, destituído tralo partido ante o Antela FC

 

Dous días despois do partido contra o Antela FC tras o cal a xunta directiva do Verín CF acordaba a destitución do adestrador Iván González o conxunto verinés anunciaba a incorporación como novo adestrador de Guillermo García, que vinte anos despois regresa ao Verín co obxectivo claro e conciso de “acadar a permanencia na categoría, onde ata momento da tabla clasificatoria estamos a 1 punto do descenso sen contar cos arrastres”, aseguran dende Verín.

“Aínda temos marxe para que a tempada sexa bonita, non para os obxectivos que tiña o club a principios de tempada pero si para rematala dun xeito digno. E para iso o noso obxectivo ten que ser recuperar animicamente aos xogadores, darlles confianza, saber onde estamos e gañar partidos que é vital”, aseguraba Guillermo na presentación feita onte nas dependencias do club.

O próximo rival será o CD Beluso mañá xoves as 17 horas lonxe do José Arjiz. O Domingo de Resurrección, ás 17:30 en casa o rival será a UD Atios.

Fotos: Verín CF.

Artigos relacionados

Back to top button