CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Guiños ao godello e a Santa Rita na nova equipación do Centro de Deportes Barco

Primeira equipación.

 

O Centro de Deportes Barco vén de poñer á venda a nova equipación do equipo sénior: vermella e azul a primera, rosa a segunda e negra e amarela a do porteiro.

 

Segunda equipación.

 

Unha equipación con claras alusións a Santa Rita, protectora dos viñedos e das colleitas (coa súa imaxe na parte dianteira) e ao “ouro líquido de Valdeorras”, o godello, cunha botella e unha copa na parte traseira.

 

Equipación porteiro.

 

Poden mercarse por 35 euros nas canles oficiais do club (Facebook, Instagram e X) así como en puntos físicos como Peluquería Nilo, Churrería A General, A Horta de Fina e Mar, Bar La Plazita e Bar Makoki.

 

Artigos relacionados

Back to top button