En portadaÚltima hora

Haberá dous niveis de restricións para a hostalaría independentemente do concello

Este protocolo entrará en vigor o 15 de setembro

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa.

 

“Hai unha tendencia clara á estabilidade e podemos dar por concluído, polo menos o pico, da quinta onda polo que é momento de adaptar as medidas á nova situación”. Así comezaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a súa comparecencia para dar conta dos acordos tomados polo Comité Clínico na reunión celebrada onte. “Realmente Galicia non tivo unha cuarta onda como tal”, lembrou  pero esta última caracterizouse por un avance na campaña de vacinación que limitou os danos na poboación maior; por unha maior incidencia de menores contaxiados, pola falta de vacinas e a maior interacción social; e polo dominio da variante Delta.

Con respecto á situación da vacinación, Feijóo explicou que “o 92,5% dos galegos que forman a poboación diana teñen unha dose; e o 85,8% desa poboación ten as dúas”, adiantando que a intención é que o 19 de setembro estea vacinada a poboación escolar. “Este sábado abriranse os centros de vacinación masiva nas sete cidades galegas para que calquera galego se poida vacinar cunha primeira dose, sen necesidade de cita previa”. Tamén se habilitarán, o os días 13 e 14 deste mes, un punto de vacinación nos sete campus universitarios de Galicia.

No que atinxe ás medidas tomadas polo Comité,  Feijóo asegurou que aplicarán protocolos “con intención de permanencia no tempo, sempre dependendo da evolución e as novas variantes que puidesen aparecer”. Son protocolos conseguidos en semanas de traballo e co diálogo cos sectores máis afectados pola crise como son o hostaleiro e o de reatauración que “poderán ser obxecto de revisión se as condicións sanitarias cambian de forma abrupta”, matizou, esperando que non sexa así.

Con respecto á situación de cada municipio, o presidente asegurou que desde as 00 horas do sábado 11 de setembro non haberá en Galicia ningún concello en nivel máximo de restricións. Na provincia de Ourense, Viana do Bolo e A Pobra de Trives seguirán no nivel alto mentres que Ourense, O Barco, A Rúa e Verín, que estaban en nivel medio, pasarán ao nivel medio-baixo.

Así e todo é o novo protocolo da hostalaría o que esperta neste momento un maior interese. “Trátase de buscar unha hostalería segura, traballar con seguridade sanitaria”, dixo Feijóo, para o cal instauraranse dous niveis de restricións, independentemente do nivel no que estea o concello onde se sitúe o local.

Tipo 1: Aforo de 50% interior e 75% exterior. Para estar neste nivel os establecementos terán que cumprir cos requisitos mínimos de seguridade sanitaria, pactados co sector: distancia de 1,5 metros entre mesas; exposición pública dos aforos permitidos do local; medidor de CO2, con anotacións como mínimo cada catro horas; mascarillass cirúrxicas para o persoal, que se deben cambiar cada 4 horas; e dúas horas de formación en protocolos Covid para o persoal.

 

 

Tipo 2: Aforo de 75% no interior e do 100% en exterior. Permítese o uso das barras sempre que sexa individualmente ou dúas persoas se son conviventes. Neste nivel os locais deberán cumprir cunha distancia mínima de 1,5 metros entre persoas de distintas mesas; cun rexistro de clientes -só para restaurantes-; cun medidor de CO2 continuo, coa recomendación de contar con actuadores que fan saltar automaticamente o aire acondicionado cando se supera determinado nivel; disporán de máscaras FPP2 para aqueles empregados que así o requiran, facilitándolles probas diagnósticas cada 7 ou 14 días, dependendo da situación epidemiolóxica; e catro horas de formación en protocolos Covid para o persoal.

 

 

“Vai depender do nivel de compromiso e meticulisidade de cada local estar nun nivel ou no outro, e en ambos o horario de peche mantense á 01:00 horas”, punulaizou o presidente, engadindo que ademais existe un Nivel de Seguridade, nos territorios onde haxa unha ocupación hospitalaria moi alta e unha situación sanitaria preocupante

A entrada en vigor deste protocolo será o 15 de setembro e nos próximos días aprobarase un protocolo de lecer nocturno, que entraría en vigor a principios de outubro.

Sobre os aforos doutras actividades, avanzou que nos eventos deportivos, a ocupación pasará en xeral ao 60% en exteriores e 40% en interiores, con independencia do nivel do concello, e na liña do aprobado no Consello Interterritorial. O DOG incluirá unha salvidade para non prexudicar aos pequenos recintos que, coa normativa vixente, tiñan autorizadas ocupacións superiores.

Na actividade deportiva non federada, incluíndo ximnasios, levarase a cabo un diálogo entre a Xunta e o sector para poñer en marcha un protocolo semellante ao da hostalería, fixando medidas independentemente da situación. E os centros cívicos sociais e sociocomunitarios, pasarán de estar pechados nos niveis máximo e alto a ter un 50% de capacidade, mentres que no medio e medio- baixo pasarán do 50 ao 75%.

Artigos relacionados

Back to top button